0
0 In Sempre Galicia

Antonio Fraguas, Días das Letras Galegas 2019

O día das Letras Galegas, celébrase desde 1963, pola Real Academia Galega en homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa da lingua.

E preguntarasche: por que se celebra este día?

É grazas a que en 1863 Rosalía de Castro publicou Cantares Galegos e marcou o renacemento da cultura galega.

rosalia-de-castro-poetisa-galega

Cada ano homenaxéase a unha persoa diferente a única cunha condición: para esta conmemoración e que han de pasar polo menos 10 anos desde o falecemento do homenaxeado.

O primeiro escritor homenaxeado como te imaxinarás foi Rosalía de Castro, xusto 100 anos despois dapublicación do seu libro.

 

 

 

 

compra-antimorriña

 

Este ano o protagonista será Antonio Fraguas,antonio-fraguas-letras-galegas-2019

naceu en Cotobade (Pontevedra) e foi profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador, galeguista…, Foi un personaxe profundamente vinculado á historia e a cultura de Galicia. Membro do Seminario de Estudos Galegos, de As Irmandades da Fala ou o Partido Galeguista.

Antonio dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos. Con especial atención e mestría á antropoloxía. Ademais, contribuíu cos seus traballos para defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento.

 

 

Os Libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que che fan pensar, que é unhas das cousas que hai que facer.

 

Compaxinou o ensino coa investigación. En contacto con órganos como: o Instituto Padre Sarmiento e a Real Academia Galega, na que ingresou en 1956, no sitio que deixou Castelao.

Algunhas das súas obras son:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Galicia insólita (1973)
  • Lugo (1974)
  • Murguía, o patriarca (1979)
  • Literatura oral en Galicia (1980)
  • El traje gallego (1985)
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Celso Emilio Ferreiro (1989)
  • La Puerta Santa (1993)
  • Do Entroido (1994)
  • As cousas de Antonio de Insuela (1996)
  • A festa popular en Galicia (1996)

 

Entre outros galardóns, recibiu o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio dás Letras e dás Artes dá Xunta de Galicia.

Vaia o meu fondo, pero moi fondo, o máis fondo que pode ser un sentimento de agradecido  pero reparen que eu non son merecente de semellante lembranza, lembranza nominal de rúa, non; porque eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade

Agradecemento de Antonio Fraguas cando lle dedicaron a rúa santiaguesa.

 

compra-aqui-antimorriña

 

Suscríbete a nuestra newsletter, y entérate cuanto antes, de todas las promociones y novedades exclusivas.

 

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply